tonisalgado  

Actor representativo das novas xeracións de profesionais que levan anos desenvolvendo un interesante e comprometido traballo interpretativo. Salgado posúe xa un amplo e variado currículo de actividade profesional como actor, parcela que compaxina coa continuidade dos seus estudos de Dirección de Escena na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Ten participado como actor en traballos do Centro Dramático Galego, (“A boa persoa de Sezuan”de Bertolt Brecht, “O regreso ao deserto” de Koltés), e noutros de diversas compañías como A Factoría Teatro: (“O canto do Dime-Dime” de D. Danis, “Os homes só contan ate tres” de A. Lopo, “Castronós. O baile”, colectiva , “Sr.Mundo, dígame?”, AA.VV., “Pendurados dun verbo”); A Producións Artísticas (O Gordo e o Fraco”, de J. Mayorga, “Alicia&Alicia” de P. Carballeira); Ónfalo Teatro (Na meta, de T. Bernhard); ou UTTopico Teatro (“Faust.Box” de f. Godón e “Antiheroica” de V. Sotelo), entre outros.

Toni Salgado é Diplomado en Maxisterio – Educación Musical e Licenciado en Pedagoxía. Actualmente cursa 2º de Dirección Escénica e Dramaturxia na ESAD de Galicia.

Teatro do Atlántico