María Barcala

Na súa intensa e ininterrompida actividade profesional, iniciada con “Teatro da Mari-Gaila” (Compostela, 1979), leva incorporado a moitas das grandes personaxes femininas na historia do teatro moderno, como a Nora de “Casa de bonecas”, de Ibsen, a Marteuil de “Quartett”,
de Heiner Müller, a marabillosa Natalia de “O cerco de Leningrado”, de Sanchis Sinisterra, a inmensa Clitemnestra de “Clitemnestra ou o crime”, de Marguerite Yourcenar, a Dona Inés de “A noite vai coma un río”, de Cunqueiro, ou a Rosalía de Castro, de “Rosalía”, de Otero Pedrayo.

De especial valoración é merecente o seu último traballo coa interpretación de Helena de Troia en “Helena: Xuízo a unha lurpia”, de Miguel del Arco, creación que mantén en repertorio. Entre outras compañías coas que ten traballado figuran “Teatro Guirigai” (Madrid), Ítaca Teatro (Compostela), ou Teatro do Noroeste (Compostela), ademais de formar parte durante varias temporadas do elenco estable do Centro Dramático Galego, manténdo sempre en continuidade o seu traballo con Teatro do Atlántico, compañía da que é cofundadora.

Entre outros premios, acaba de recibir o Premio Maruxa Villanueva 2016, pola súa interpretación de “Ana” en “O principio de Arquímedes” e pola súa traxectoria profesional, e, conxuntamente con Xúlio Lago, o Premio da Crítica de Galicia 2016 adxudicado á súa compañía, Teatro do Atlántico.

Enderezo

Teatro do Atlántico
Travesía do Outeiro nº 9
15199-SÉSAMO (SAN MARTIÑO)
CULLEREDO (A Coruña)

Chámanos

981 678 103
608 380 471
618 256 424

Escríbenos

info@teatrodoatlantico.com

Teatro do Atlántico