Xúlio Lago

No ano 1984 forma parte do colectivo de profesionais que promoven a creación do Centro Dramático Galego.

Crea con María Barcala “Teatro do Atlántico”, 1985, compañía coa que desenvolve un traballo fundamentalmente de Dirección. coa posta en escena de textos de autores contemporáneos como Ibsen, Fassbinder, Heiner Müller, Roberto Salgueiro, Teresa Moure, Desola, Garcia Lorca, Sanchis Sinisterra, Miró i Coromina ou Harold Pinter.

Paralelamente ao seu traballo en Teatro do Atlántico, ten colaborado con outras Compañías, entre as que cabe subliñar os traballos
feitos coas Compañías Teatro do Noroeste de Viana do Castelo, Talía Teatro ou Lagarta Lagarta. Ten participado tamén periodicamente como actor en varios espectáculos do C.D.G., asumindo a dirección de cinco das producións daquela
Compañía Institucional: “A fiestra valdeira”, de Rafael Dieste, “A noite vai coma un río”, de Alvaro Cunqueiro, “Seis personaxes á procura de autor”, de Pirandello, “Woyzzeck”, de Büchner e “As Actas escuras”, de Roberto Vidal Bolaño.

Enderezo

Teatro do Atlántico
Travesía do Outeiro nº 9
15199-SÉSAMO (SAN MARTIÑO)
CULLEREDO (A Coruña)

Chámanos

981 678 103
608 380 471
618 256 424

Escríbenos

info@teatrodoatlantico.com

Teatro do Atlántico