A Compañía
Teatro do Atlántico, compañía constituída no ano 1985, por María Barcala e Xúlio Lago leva realizadas ata o momento 35 producións, entre as que podemos suliñar «Casa de Bonecas«, de Ibsen, «A noite das Tríbades» de Olov Enquist, «Amor de don Perlimplin con Belisa no Xardín«, de García Lorca, «O cerco de Leningrado«, de Sanchis Sinisterra, «O encoro«, de Conor McPherson, «A raíña da beleza de Leenane«, de Martín McDonagh , «Unha primavera para Aldara«, de Teresa Moure ou «Memoria de Helena e María», de Roberto Salgueiro.
As súas producións teñen realizado xiras por case todas as autonomías, con participación en numerosos festivais nacionais e internacionais de Teatro (FIT de Cádiz, FITEI de Porto, Latinoamericano de Córdoba (Arxentina), Internacional de Caracas, MIT de Ribadavia, FESTEIXO de Viana do Castelo, Mostra de Cangas, Mostra de Cee, Muestra de Teatro de las Autonomías «Villa de Madrid», ou FIOT de Carballo) presentando os seus espectáculos sempre en Lingua galega.
María Barcala, Casilda García, Susana Dans, María Bouzas e Gonzalo M. Uriarte recibiron importantes premios de Interpretación en papel Protagonista por traballos realizados en producións desta Compañía, premiada tamén varias veces nos apartados de Dirección e Iluminación (Xúlio Lago), Escenografía (Antonio F.Simón e Carlos Alonso), Actor Secundario (Toño Casais) ou Mellor Espectáculo («A noite das tríbades«, «O encoro«, «A raíña da beleza de Leenane» ou «Unha primavera para Aldara«).
“O principio de Arquímedes” estreada en Marzo do 2015, recibiu no 2016 os Premios María Casares ao Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Interpretación Masculina Protagonista, Mellor Interpretación Masculina en papel Secundario e Mellor Adaptación. «HELENA: Xuízo a unha lurpia», foi estreada o 7 de Outubro no Pazo da Cultura de Narón.
Teatro do Atlántico recibiu no 2016 o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Artes Escénicas
Enderezo
Travesía do Outeiro, 9. Sésamo
15199-CULLEREDO (A Coruña)
Chámanos
981 678 103
608 380 471
618 256 424
Escríbenos
info@teatrodoatlantico.com