Eu, Gulliver Ferreiro

Estrea.20 de Setembro de 1988. Ateneo de Madrid

de Celso Emilio Ferreiro

Esta viaxe piola poesía de Celso Emilio Ferreiro foi posta en escena por vez primeira no Ateneo de Madrid, o día 20 de Setembro de 1988, a petición de Lauro Olmo, nun acto-homenaxe ao poeta de Celanova organizado polo Ateneo e o Axuntamento de Madrid coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Celso Emilio foi testemuña excepcional dun tempo e dunhas circunstancias especialmente adversas para aqueles espíritos nos que, como no seu, latexaba un irrefreábel impulso de liberdade, paixón, creatividade e querenza das súas raíces.

A voz do poeta abrangueu amplos rexistros formais e temáticos, con dimensións e ecos non posíbeis de aprehender; os significantes son múltiples, e sería empobrecedor pretender darlles unha soa imaxe concretizadora. Así., o noso achegamento aos mundos do poeta está feito a partir da humildade e dun só desexo: vehicular a expresión de Celso Emilio Ferreiro, ser canle das suxestións e estímulos do seu verbo para que o espectador recree as imaxes xeradas pola palabra.

Intentamos que as sensacións e atmósferas propostas a través das luces e das sombras dun suporte musical moitas veces protagónico, sexan un subtil nexo dos diversos aspectos temáticos presentes na escolma sobre a que se desenvolve esta viaxe apaixonada. Ao fin, todo envolto nun fino manto de emoción; algo que, cremos, pertence á esencia mesma do poeta.

Ficha Técnica

  • Textos: Celso Emilio Ferreiro
  • Música orixinal: Bieito Romero
    Interpretada por:
    Patxi Bermúdez, percusión
    Bieito Romero, gaita, acordeón e frauta
  • Espacio escénico e deseño de iluminación: Xúlio Lago
  • Vestiario: Susa Porto
  • Fotografía: Xoán Piñón
  • Escolma, dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
  • Intérpretes:
    María Barcala
    Xúlio Lago
  • Técnicos de Escena:
    Francisco Veiga
    Pedro Rubín

O Autor

CELSO EMILIO FERREIRO

  • 1912. O día de Reis nace en Celanova
  • 1934. Con Pepe Velo funda a Federación de Mocedades Galeguistas
  • 1936. Incorporase á guerra, en Asturias
  • 1940. Estudos de Dereito en Santiago, que non remata
  • 1941. Procurador nos Tribunais, en Pontevedra. Publicación do seu primeiro libro: «Al aire de tu vuelo»
  • 1943. Casa con Moraima, en Asturias.
  • 1948. Fundación da colección «Benito Soto»
  • 1950. Trasladase a Vigo como Procurador, traballo que compaxina con outras actividades profesionais que non marchan demasiado ben.
  • 1955. Publicación de «O soño sulagado». Colaboracións periódicas no «Faro de Vigo»
  • 1962. Publicación de «Longa noite de pedra»
  • 1964. Participa na fundación de Unión do Pobo Galego, organización quedeixará anos despois.
  • 1966. Emigra a Venezuela
  • 1968. Publicación de «Viaxe ao país dos ananos», testemuño das duras circunstancias soportadas na súa relación cos novos directivos da Hermandad Gallega de Caracas.
  • 1975. Instalado en Madrid, exerce como Director da Cátedra de CulturaGalega no Ateneo.
  • 1979. Morre en Vigo o trinta e un de Agosto. O un de Setembro é enterradoen Celanova.

Galería

Teatro do Atlántico