Josep María Benet i Jornet (Barcelona, 1940) Premio Max de Honor 2010 e Premio Nacional de Literatura Dramática 1994 por «E.R», entre outros moitos galardóns, é un dos dramaturgos de referencia do teatro catalán contemporáneo.

  Aínda mantendo unha importante actividade como guionista para cine e televisión, afirma que o teatro é o lugar no que mellor se atopa nesta vida.»O amor ao teatro foi e segue a ser unha obsesión que condiciona por completo a miña vida«.

 Unha extensa obra

  Deuse a coñecer con Una vella, coneguda olor, obra que recibe o premio Josep M. de Segarra en 1963, e no 1970 publica conxuntamente Fantasia per a un auxiliar administratiu e Cançons perdudes. A súa liña realista segue con Berenàveu a les fosques (1972) e Quan la ràdio parlava de Franco (1979), e con Revolta de bruixes (1977) adquire un tono simbólico. O mundo da infancia e o da postguerra toman unha dimensión mítica nunha nova peza: La desaparició de Wendy. Cultiva tamén o teatro infantil: Supertot (1975), Helena a l’illa del baró Zodíac (1975) ou El somni de Bagdad (1977), entre outras. En 1989 estrea Ai, carai! no Teatre Lliure, e Desig, en 1991, no Centre Dramàtic de la Generalitat.

  As súas últimas pezas estreadas foron Olors, dirixida per Mario Gas (TNC, 2000), Això, a un fill, no se li fa (Teatreneu, 2002), L’habitació del nen (Teatre Lliure, 2003) e Salamandra (TNC, 2005).

No 2011, o Centro Dramático da Generalitat catalana ven de repoñer a súa primeira peza: Una vella, coneguda olor, escrita en 1962, e o Teatro Lliure estreou a súa última peza: «Dues dones que ballen».

Benet e Jornet, guionista das primeiras telenovelas producidas por Televisió de Catalunya é tamén, na actualidade, un dos guionistas principais da celebrada serie «Amar en tiempos revueltos«

ROBERTO SALGUEIRO GONZALEZ (Caracas, Venezuela, 24/10/1966)

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela

DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada

  • Premio Álvaro Cunqueiro 1988, con O arce do xardín
  • Finalista do Premio Álvaro Cunqueiro 1989, con Historia de Neera
  • Premio Álvaro Cunqueiro 2000, con Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
  • Finalista do Premio Rafael Dieste 2001, con Matanza
  • Premio Álvaro Cunqueiro 2002, con Molière final
  • Premio de Dramaturxia Carlos Couceiro 2002, con Apnea
  • Premio de Teatro Abrente 2006, con Memoria de Helena e María
  • Premio Álvaro Cunqueiro 2008, con Historia de chuvia que cae todos os días

Director da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 1990, ten publicado diversos ensaios e traducións sobre a práctica teatral e dirixido para diversas compañías de teatro e institucións públicas.

Os seus traballos como director de escena e autor presentáronse en numerosas localidades de Galicia e España así como en Bélxica, Francia, Paises Baixos, Noruega, Alemaña, Portugal, Marrocos, Porto Rico, Estados Unidos…

Teatro do Atlántico