Libre coma os paxaros
Título:
Libre coma os paxaros
Textos
Rosalía de Castro
Composición musical
Vadim Yukhnevich
Gravación
Mauricio Caruso
Espazo escénico e iluminación
Antonio F. Simón / Xúlio Lago
Vestiario
Susa Porto
Fotografía
Tino Viz/Margen
Realización de vídeo
e-Me Comunicación
Técnicos de Escena:
RTA
Dramaturxia e Dirección
Xúlio Lago
Actriz:
María Barcala
Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.
Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.
Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.
Muller.
Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros.
Chámase María Rosalía Rita de Castro.
2023
FEBREIRO
18/02/2023 OUTEIRO DE REI. Casa-Museo Manuel María.
25/02/2023 VIGO. Sala Ártika
26/02/2023 VIGO. Sala Ártika
OUTUBRO
07/10/2023. COIMBRA. Teatro Académico de Gil Vicente
14/10/2023. CANGAS. Auditorio Xosé Manuel Pazos
2022
FEBREIRO
10/02/2022. MONFORTE. Edificio Multiusos
18/02/2022. AMES. Bertamiráns. Casa da Cultura
19/02/2022. PADRÓN. Auditorio Municipal
20/02/2022. SANTIAGO. Teatro Principal
24/02/2022. NARÓN. Pazo da Cultura
25/02/2022. ARTEIXO. Auditorio Centro Cívico
26/02/2022. CEE. Auditorio Municipal
MARZO
11/03/2022. SARRIA. Casa da Cultura
13/03/2022. A POBRA DE BROULLÓN. Casa da Cultura
19/03/2022. CEDEIRA. Auditorio Municipal.
ABRIL
1/04/2022. CHANTADA. Auditorio Municipal
8/04/2022. FOZ. Casa da Cultura
14/04/2022. MEIRA. Centro Socio-Cultural Federico González López
24/04/2022. RIBADEO. Auditorio Municipal
30/04/2022. VIVEIRO. Teatro Pastor Díaz
MAIO
07/05/2022. NOIA. Coliseo Noelia
12/05/2022. CARBALLO. Pazo da Cultura
14/05/2022. CARIÑO. Casa da Cultura
17/05/2022. A CORUÑA. Teatro Colón
19/05/2022. LUGO. Auditorio Gustavo Freire
20/05/2022. VIGO. Auditorio Municipal.
28/09/2022. PÓVOA DO VARZIM. Cine-Teatro Garrett.
13º É-Aqui-in-Ócio Festival Internacional de Teatro na Póvoa de Varzim
2021
MARZO
12/03/2021. NARÓN. Pazo da Cultura
13/03/2021. NARÓN. Pazo da Cultura
ABRIL
23/04/2021. VIMIANZO. Auditorio Municipal
24/04/2021. RIANXO. Auditorio Municipal
25/04/2021. VALDOVIÑO. Casa da Cultura.
XUÑO
25/06/2021. CULLEREDO. Auditorio Servizos Múltiples.
OUTUBRO
15/10/2021. VILAGARCÍA. Auditorio Municipal.
20/10/2021. OURENSE. Teatro Principal (FITO)
23/10/2021. BRIÓN. Centro Social Polivalente
24/10/2021. CAMBADOS. Auditorio Municipal
29/10/2021. A LARACHA. Casa da Cultura
30/10/2021. OLEIROS. Auditorio Gabriel García Márquez
NOVEMBRO
6/11/2021. BETANZOS. Casa da Cultura
7/11/2021. CERCEDA. Auditorio Municipal
12/11/2021. A CORUÑA. Forum Metropolitano. (Matinal)
12/11/2021. A CORUÑA. Forum Metropolitano
14/11/2021. FERROL. Teatro Jofre
19/11/2021. O BARCO. Teatro Lauro Olmo
21/11/2021. BURELA. Casa da Cultura
- María Barcala: Actriz
- Vadim Yukhnevich: Músico
- Antonio Francisco Simón: Espazo escénico
- Xúlio Lago: Dramaturxia e Dirección
Na súa intensa e ininterrompida actividade profesional, iniciada con “Teatro da Mari-Gaila” (Compostela, 1979), leva incorporado a moitas das grandes personaxes femininas na historia do teatro moderno, como a Nora de “Casa de bonecas”, de Ibsen, a Marteuil de “Quartett”, de Heiner Müller, a marabillosa Natalia de “O cerco de Leningrado”, de Sanchis Sinisterra, a inmensa Clitemnestra de “Clitemnestra ou o crime”, de Marguerite Yourcenar, a Dona Inés de “A noite vai coma un río”, de Cunqueiro, ou a Rosalía de Castro, de “Rosalía”, de Otero Pedrayo.
De especial valoración é merecente o seu traballo coa interpretación de Helena de Troia en “Helena: Xuízo a unha lurpia”, de Miguel del Arco, ou a Pandala de “A conquista da escola de Madhubai”, espectáculo que mantén en repertorio. Entre outras compañías coas que ten traballado figuran “Teatro Guirigai” (Madrid), Ítaca Teatro (Compostela), ou Teatro do Noroeste (Compostela), ademais de formar parte durante varias temporadas do elenco estable do Centro Dramático Galego, manténdo sempre en continuidade o seu traballo con Teatro do Atlántico, compañía da que é cofundadora.
Premio Compostela á Mellor Interpretación Feminina en Papel Protagonista, pola creación da personaxe de Clitemnestra, en Clitemnestra ou o crime, de Marguerita Yourcenar; Premio Maruxa Villanueva 2016, pola súa interpretación de “Ana” en O principio de Arquímedes e pola súa traxectoria profesional; e, conxuntamente con Xúlio Lago, Premio da Crítica de Galicia 2016 adxudicado á súa compañía, Teatro do Atlántico.
Paralelamente ao seu ininterrompido traballo como actriz, desenvolve a xerencia empresarial da Compañía Teatro do Atlántico, asumindo a realización do Deseño de Vestiario en moitas das súas producións.
Composición musical, espazo sonoro e interpretación
A traxectoria profesional de Vadim Yukhnevich comeza no ano 1987 en Minsk, cidade bielorusa da que procede, e desenvolvese no seu país ata 1999, con participación musical en grupos folk e na Orquestra de instrumentos nacionais da Universidade, ao tempo que leva a cabo un intenso labor docente, actividades que continua a realizar en Galicia desde o ano 2002.
A súa participación como creador musical para espectáculos teatrais posúe xa un amplo percorrido: A cabana de Babaiagá de CDG no ano 2006; Boas Noites de Berrobambán, 2007-2009; A Esmorga de Sarabela Teatro no 2009; A ópera de tres reás do CDG no 2011; Donde hay agravios no hay celos de Compañía Nacional de Teatro Clásico, anos 2014-2015; Normas para saber vivir na sociedade actual de Sarabela Teatro desde o 2016; Resaca de Ilmaquinario Teatro desde o 2016, ou A conquista da escola de Madhubai, para Teatro do Atlántico.
Vadim é posuidor, entre outros, de varios premios María Casares polas súas creacións musicais, que, en moitos casos, executa en directo no escenario como parte das propias representacións teatrais.
Leva participado con temas propios na gravación de máis de vinte discos, nos que figuran, entre outras colaboracións, as bandas sonoras de varias longametraxes, e colabora constantemente como teclista, arreglista, e/ou acordeonista con numerosas formacións musicais galegas.
O seu traballo profesional para a escena, o audiovisual ou concertos en directo, complétase desde hai moitos anos cun labor docente como profesor de Coro e de Acordeón no Centro de Música Fingoi de Lugo.
Escenógrafo, actor, iluminador, deseñador de vestiario, guionista, director de Teatro, Cine e T.V., actor e director de Dobraxe, a traxectoria profesional de A.F.Simón sitúao como un dos “precursores” do teatro galego profesional en tanto que co-fundador do grupo Troula no ano 1978, sen que desde entón se interrompese o desenvolvemento dunha longa e intensa actividade creativa, participando, desde as diversas disciplinas (actor, director, escenógrafo ou iluminador) en producións tanto de compañías galegas (Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego, Teatro do Morcego, Galería) como de compañías portuguesas (Centro Dramático de Viana ou Compañía de Teatro de Braga) ou o Centro Dramático Nacional.
O traballo desenvolvido por Antonio Simón no apartado de espazo escénico supera o medio cento de escenografías, para espectáculos profesionais realizados en Galicia e Portugal, en compañías privadas ou institucionais. Entre os seus traballos máis recentes figuran A conquista da escola de Madhubai, de Hélène Cixous; Dúas donas que bailan, de Benet i Jornet, e Helena: Xuízo a unha lurpia, de Miguel del Arco, para Teatro do Atlántico; A función do tequíla de M. Guede, para Teatro do Morcego, (Espazo escénico e Dirección); Un Picasso de J.Hatcher para Cía.Teatro de Braga (Iluminación); Encuanto navegábamos, Bodas de Sangue, A estalajadeira e Os ovos misteriosos, para o Centro Dramático de Viana (Espazo Escénico e Iluminación) ou Da avaricia, a luxuria e a morte, para Teatro do Noroeste.
Do 2010 ao 2014 impartiu Espazo Escénico na Escola Municipal de Teatro de Narón e no 2014 un curso de Espazo Escénico e Lectura Dramatizada en Braga.
Nos últimos cinco anos formou parte do equipo artístico dos Cursos Escénicos de Verán, dirixidos por Guillermo Heras no Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, en Viana do Castelo.
No ano 1984 forma parte do colectivo de profesionais que promoven a creación do Centro Dramático Galego.
Con Dorotea Bárcena, crea en Vigo a compañía Esperpento (1969-1974), refundada posteriormente, en Madrid, como La Picota (1974-1979) ; e posteriormente, en Compostela, a Compañía Teatro da Mari-Gaila (1979-1984)
Organizador das I e II Jornadas de Teatro de Vigo (1972-1973)
Crea en Compostela, con María Barcala Teatro do Atlántico, 1985, compañía coa que desenvolve un traballo fundamentalmente de Dirección, coa posta en escena de textos de autores contemporáneos como Ibsen, Fassbinder, Heiner Müller, Roberto Salgueiro, Teresa Moure, Desola, Garcia Lorca, Sanchis Sinisterra, Miró i Coromina ou Harold Pinter.
Paralelamente ao seu traballo en Teatro do Atlántico, ten colaborado con outras Compañías, entre as que cabe subliñar os traballos feitos coas Compañías Teatro do Noroeste de Viana do Castelo, Talía Teatro ou Lagarta Lagarta. Ten participado tamén periodicamente como actor en varios espectáculos do C.D.G., asumindo a dirección de cinco das producións daquela Compañía Institucional: A fiestra valdeira, de Rafael Dieste, A noite vai coma un río, de Alvaro Cunqueiro, Seis personaxes á procura de autor, de Pirandello, Woyzzeck, de Büchner e As Actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño.
Ten dirixido e iluminado ata o momento máis de cincuenta espectáculos, para compañías privadas ou institucionais, entre os que cabe citar:
O inimigo do Povo, de Henrik Ibsen; e Executor 14, de Adel Hakim, para a Compañía Teatro do Noroeste- Centro Dramático de Viana, Viana do Castelo.
As últimas lúas, de Furio Bordon, para a Compañía Lagarta-Lagarta.
O método Grönholm, de Jordi Galcerán e Marsal Marsal, de S.Sinisterra, para Talía
Dos máis de 35 espectáculos dirixidos para Teatro do Atlántico, citaremos:
Memoria de Helena e María, de Roberto Salgueiro; Casa de bonecas, de Ibsen; Tolos de amor, de Shepard; Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure; A noite das tríbadas, de Olov Enquist; O encoro, de Conor McPherson; A raíña da beleza de Leenane, de Martin McDonagh; O cerco de Leningrado, de Sanchis Sinisterra; Amor de don Perlimplín con Belisa no Xardín, de Lorca; Vanzetti, de Luís Araujo; A charca Inútil, de Desola; O principio de Arquímedes, de Miró i Coromina; Xoana, de Manuel Lourenzo; O xogo de Yalta e After Play, de Brian Frield……..
- DISTINCIÓNS
Premio de honor ADE 2018 (Asociación de Directores de Escena de España)
Premio de Honra FETEGA 2009 (Festival Teatro Galego de O Carballiño)
Premio de Honra ABRENTE 2007 (MIT de Ribadavia)
Premio XIRIA ao labor teatral 1998 ( Asociación Xíria, organizadora da Mostra Teatro Cómico e Festivo de Cangas)
Premio María Casares á Mellor Dirección (en cinco ocasións)
Premio Compostela á Mellor Dirección
Premio María Casares á Mellor Iluminación