Dúas donas que bailan

A sabedoría do grande mestre da dramaturxia catalá contemporánea, Josep María Benet i Jornet, aparece de maneira espléndida, unha vez máis, na súa derradeira proposta dramática: Dúas donas que bailan (2010).
Neste novo agasallo teatral, Benet i Jornet , “Papitu”, como é coñecido cariñosamente, fainos compartir o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha viaxe intensa, brutalmente divertida,
conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacábeis embates da sociedade insensíbel e cruel na que lles tocou habitar: a mesma sociedade na que habitamos nós.
E tamén vostedes.

 

Josep María Benet i Jornet (Barcelona, 1940), Premi Josep Maria de Sagarra 1963, Premio Nacional de Literatura Dramática 1994 por “E.R”, Premio Nacional de Teatro (1995), Creu de Sant Jordi (1997), Premio da Institució de les Lletres Catalanes (1998), Premio Max de Honor 2010, finalista na XV edición dos Max por “Dues dones que ballan”, e Premi d’Honor de les Letres Catalanes (2013),entre outros moitos galardóns.
Benet i Jornet é un dos dramaturgos de referencia do teatro catalán contemporáneo.
Aínda mantendo unha importante actividade como guionista para cine e televisión, afirma que o teatro é o lugar no que mellor se atopa nesta vida. «O amor ao teatro foi e segue a ser unha obsesión que condiciona por completo a miña vida”

Deuse a coñecer con Una vella, coneguda olor, obra que recibe o premio Josep M. de Segarra en 1963, e no 1970 publica conxuntamente Fantasia per a un auxiliar administratiu e Cançons perdudes. A súa liña realista segue con Berenàveu a les fosques (1972) e Quan la ràdio parlava de Franco (1979), e con Revolta de bruixes (1977) adquire un ton simbólico.
O mundo da infancia e o da posguerra toman unha dimensión mítica nunha nova peza: La desaparició de Wendy. Cultiva tamén o teatro infantil: Supertot (1975), Helena a l’illa del baró Zodíac (1975) ou El somni de Bagdad (1977), entre outras. En 1989 estrea Ai,
carai! no Teatre Lliure, e Desig, en 1991, no Centre Dramàtic de la Generalitat.
As súas últimas pezas estreadas foron Olors, dirixida per Mario Gas (TNC, 2000), Això, a un fill, no se li fa (Teatreneu, 2002), L’habitació del nen (Teatre Lliure, 2003), Salamandra (TNC, 2005), Soterrani (2008) e Dúes dones que ballen, (Teatro Lliure 2011). Teatro do Atlántico puxo en escena no ano 2011 “E.R.” en lingua galega, con notable éxito de público e crítica.
Benet e Jornet, guionista das primeiras telenovelas producidas por Televisió de ,Catalunya foi un dos escritores principais da celebrada serie “Amar en tiempos revueltos”
No verán do ano 2015, a súa filla deu a coñecer publicamente que o dramaturgo padecía o mal de Alzhéimer.

Autor: Josep Mª Benet i Jornet
Tradución: Aleixandre Lago
Espacio escénico: Antonio F. Simón
Vestiario: Susa Porto
Deseño de Iluminación: Xúlio Lago/Antonio F. Simón
Fotografía/deseño cartel/grafismo: Tino Viz/Margen
Técnicos de Escena: RTA
Directora Axudante: Esther Carrodeguas
Dramaturxia e Dirección Xúlio Lago

Intérpretes
MARÍA BARCALA / MARIA ANGELES IGLESIAS

Icono

Cartel 1.37 MB 47 downloads

...

Icono

Dossier "Dúas donas que bailan" 843.11 KB 53 downloads

...

Icono

Díptico 0 31 downloads

...

Icono

Díptico B 0 18 downloads

...

2021

DÍA 2/10/2021. OUTES. Casa da Cultura
DÍA 27/11/2021. PONTECESO.

2020

18/01/2020. CEDEIRA. Auditorio Municipal
15/02/2020. OURENSE. Teatro Principal
07/03/2020. VERIN. Auditorio Municipal
16/07/2020. CANGAS. Auditorio Municipal
20/08/2020. CARIÑO. Auditorio Municipal
26/09/2020. VIMIANZO. Auditorio Casa da Cultura
03/10/2020. SANTIAGO. Salón Teatro
17/10/2020. VIVEIRO. Teatro Pastor Díaz
06/11/2020. TUI. Teatro Área Panorámica
15/11/2020. A POBRA. Teatro-Cine Elma
20/11/2020. NEDA. Casa da Cultura
05/12/2020. BRIÓN. Centro Social Polivalente

2019

1/02/2019. A CORUÑA. Teatro Rosalía Castro
2/02/2019. A CORUÑA. Teatro Rosaía Castro
22/02/2019 CARBALLO. Pazo da Cultura
23/03/2019 OLEIROS. Auditorio Gabriel García Márquez
30/03/2019 BETANZOS. Aula de Cultura
4/10/2019. O BARCO. Teatro Lauro Olmo.
11/10/2019. FOZ. Casa da Cultura
19/10/2019. MOAÑA. IES As Barxas
27/10/2019. RIBADEO. Auditorio Hernán Naval
16/11/2019. NOIA. Coliseo Noela
22/11/2019. AMES. Casa da Cultura do Milladoiro
29/11/2019. VIGO. Auditorio Municipal
13/12/2019. ARTEIXO. Centro Cívico Cultural
14/12/2019. CARRAL. Local Xente Nova. Tabeaio
21/12/2019. NOIA. Coliseo Noela

2018

19/10/2018 NARÓN. Pazo da Cultura.
20/10/2018 NARÓN. Pazo da Cultura
9/11/2018 CULLEREDO. Auditorio Servizos Múltiples
29/11/2018 MONFORTE. Auditorio Servizos Múltiples
30/11/2018 SANTIAGO Teatro Principal
1/12/2018 SANTIAGO. Teatro Principal

Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de tebeos da infancia, para a que só lle falta un exemplar, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos, cos que non mantén moi boa relación, e tamén da axencia inmobiliaria propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda.
A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana.
A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario non ten nada que envexar se o comparamos co da vella, outrora unha muller rebelde e activista.
A presenza desta muller non é ben recibida, e cada xornada convértese nun inquietante e por veces cómico “toma e daca”, que vai evolucionando sorprendentemente a cada instante.

Os asuntos

Dúas donas que bailan imos transitando polas duras paisaxes que conforman a sociedade contemporánea: a soidade na vellez, o
desencontro xeracional, a especulación inmobiliaria, o Alzeimer, o suicidio, a violencia no fogar; a amizade; os soños da infancia….. Todo adobiado cun humor malvado; un humor que mestres como Benet i Jornet adoitan manexar doadamente.
Asuntos e emocións que van conformando a complexa paisaxe na que se desenvolve esta fascinante traxicomedia.
E a tenrura invádenos.

Teatro do Atlántico