De abrentes e ocasos

Co recurso da voz, do corpo e mais da música, preténdese dar eco á palabra poética na lingua na que foi creada, e abrir un espazo para a comunicación de emoción, reflexión e beleza.

Desde o eido da poesía aparecen e ocupan o seu lugar o amor, a relación coa terra e a paisaxe, co campo e coa cidade; a loita social, a violencia de xénero, a dura travesía dos expatriados; a guerra; o espazo dos soños….; cuestións que esixen ser abordadas desde o horizonte de Galicia e da lingua galega. Nesta intensa e emotiva viaxe acompáñanos a palabra de vinte e tres poetas:

O.Kayyám/Plácido Castro:Rubaiyat (escolma)
Uxío Novoneyra:Os eidos (Escolma)
Marta Dacosta: A auga foi muller / Exhibo o meu corpo/ 21 anos
Eduard Velasco: Eu quería escribir sobre o lugar
Fiz Vergara Vilariño: Tivera eu, amor
Sophia De Mello: Polas túas mans /É o teu rostro
Inma López Silva:Unha burbulla de amor cósmico
Manolo Rivas: A negra terra /Televisión/Fonema
Eduardo Blanco Amor: Romance de outono
Xúlio L.Valcárcel: Olores/Naemor Kabull
Ricardo Carballo Calero / Non sei se matei
Antía Otero: Antes /As casas deixan cicatrices/ Sabes cando nas mudanzas
Salvador García Bodaño: Nacín no piso vinte
Pilar Pallarés: Á tarde, cun can e un libro
Luísa Villalta: E estoupa o día
Xosé Mª Álvarez Cáccamo: O Banco Mundial
Olalla Cociña: Formula o seu desexo
Enma Pedreira: Cinsenta / O traxe novo do emperador
Miguel A. Fernán Vello: Os repatriados
Xosé L. Méndez Ferrín: Estirpe /Quero vivir
Avilés de Taramancos: Se solto a voz no mar
Álvaro Cunqueiro: Deloutro lado das montañas
Eva Veiga: Meu avó dixo.

Espectáculo poético-musical adaptable para ser representado en diferentes espazos públicos: escenario, biblioteca ou aula (O noso agradecemento a Antonio Francisco Simón, Tino Viz e Loli Viñas pola súa colaboración).

Icono

Diptico De Abrentes e Ocasos 3.62 MB 40 downloads

...

Icono

Unidade didáctica 0 35 downloads

...

2020

04/10/2020. SANTIAGO. Salón Teatro
21/10/2020. VILAGARCÍA. Auditorio Municipal
22/10/2020. VILA DE CRUCES. Auditorio Municipal
27/10/2020.  LUGO. Círculo de las Artes

2019

24/01/2019 A CORUÑA, Forum Metropolitano
25/01/2019 A CORUÑA, Forum Metropolitano
31/05/2019 CARRAL. Casa da Cultura
15/06/19 BRIÓN. Casa da Cultura.
20/09/2019. NARÓN. Pazo da Cultura.

2018

2/3/2018. Arteixo. Centro Cívico Cultural
16/5/2018. Culleredo. Auditorio Servizos Múltiples
18/5/2018. O Barco. Teatro Lauro Olmo.
23/11/2018 RIANXO

Teatro do Atlántico