O Principio de Arquímedes

Estrea: 20 de febrero de 2015. Pazo da Cultura de Narón.

de Josep Maria Miró i Coromina

Os pais duns rapaces que asisten a uns cursos de natación infantil preséntanlle á directora do Centro as queixas sobre o inadecuado comportamento dun monitor, quen tratando de tranquilizar a un cativo, asustado ao ter que prescindir do “salvavidas” para lanzarse á piscina, abrazouno e deulle un bico, segundo lles contou aos pais unha nena compañeira de cursiño.

O adestrador explica que o único que fixo foi intentar calmar a angustia do rapaz e axudalo a tranquilizarse, pero os pais non aceptan esa versión dos feitos e o conflito, lonxe de resolverse, non para de medrar.

Ficha Técnica

  • Autor: Josep Maria Miró i Coromina
  • Tradución: Afonso Becerra de Becerreá
  • Escenografía: Baltasar Patiño
  • Música e espazo sonoro: Anxo Graña
  • Vestiario: Susa Porto
  • Deseño de iluminación: Baltasar Patiño / Xúlio Lago
  • Fotografía e deseño cartel: Tino Viz/Margen
  • Axudante de Dirección: Diego Rey
  • Dirección Xúlio Lago
  • Intérpretes:
    Ana ……………………….. María Barcala
    Xurxo ……………………….. Toni Salgado
    Héctor ……………………….. Alberto Rolán
    David ……………………….. Marcos Vieitez
  • Técnicos de Escena: RTA

O Autor

Josep Maria Miró i Coromina
Autor e director. Licenciado en dirección e dramaturxia no Institut del Teatre de Barcelona (2008) e en periodismo pola Universitat Autònoma de Barcelona -UAB- (2000). É membro do comité de lectura do Teatre Nacional de Catalunya desde a temporada 2013-14.

Autor de Estripar la terra (2014), Fum (2012), Nerium Park (2012), El principi d’Arquimedes (2011), Gang Bang (Obert fins l’hora de l’Àngelus) (2010/2011 – Autor residente no Teatre Nacional de Catalunya), La dona que perdia tots els avions (2009), Una història explicada del revés, o no (2009) –Ciclo Assajos Oberts. Teatre Lliure–, La dona i el debutant (2008) ou Quan encara no sabíem res (Poema dramàtic per a sis veus urbanes i un músic) (2007), entre outros. Ten recibido máis dunha decena de galardóns polos seus textos teatrais, entre os que podemos destacar o prestixioso Premi Born -en dúas ocasións, os años 2009 e 2011-, Premi Ramon Vinyes, Fundació Teatre Principal, Marqués de Bradomín, Evaristo Garcia de teatre d’Alacant, 50è. Crèdit Andorrà de Teatre e finalista internacional de Stückmarkt 2009 que organiza o Berliner Festspiele entre autores de toda Europa. Os seus textos foron traducidos a varios idiomas (Inglés, francés, ruso, español, galego, entre outros).A súa obra O principio de Arquímedes estreouse en diversos países, entre eles, Buenos Aires (Teatro San Martín), Puerto Rico (Festival de Teatro de Puerto Rico), México DF (Teatro Julio Castillo/Foro Lucerna), San Petersburgo, Londres (Park Theatre), entre outros, e tamén se realizaron lecturas dramatizadas en París, Caen (Normandia), La Mousson d’Ête ou Moscou. O director Ventura Pons ten anunciada unha versión cinematográfica, coa colaboración de Miró i Coromina no guión.

Leva participado en varios intercambios Internacionais en Théâtre Ouvert (París, Francia), Panta Théâtre (Caen, Francia) ou no Centro per directores i dramaturgos de Moscou (Moscú, Rúsia) ou la Mousson d’Êté (Pont-a-Môusson, Francia). En 2013 foi autor residente en la EMAD (Escuela multidisciplinar de artes escénicas de Montevideo -Uruguay-).

É tamén autor de varias dramaturxias, entre elas, Com si entrés en una pàtria (2010) –A partir de poemas e artigos periodísticos de Joan Maragall–, Cocaïna, absenta, pastilles de valda i cafè amb llet (2009) –A partir de materiais de Domènech de Bellmunt, Sebastià Gasch, Josep Maria Planas, Santiago Rusiñol e Ángel Zúñiga– ou o infantil 5 contes diferents (2010).

Ten dirixido textos propios e tamén La voix humaine con texto de Jean Cocteau e música de Francis Poulenc –Espai Brossa 2010 – e os espectáculos de creación con Marc Artigau dentro do ciclo Drames litúrgics al Monestir de Santa Maria de l’Estany nas edicións correspondentes ao 2009/10/11.

Traballou de xornalista en Radio Nacional d’Espanya, COM Ràdio, La Revista de la UNESCO a Catalunya, o xornal El 9 Nou, a web bcn.cat. Exerceu de docente na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya e para a axencia de comunicación Kvlar Fotoperiodistes na Universitat Autònoma de Barcelona -UAB-.

Crítica

Galería

« de 2 »
Teatro do Atlántico