O xogo de Yalta
Estrea: 9 Outubro 2009. Pazo da Cultura de Narón
de Brian Friel
Partindo de «A dama do canciño«, un dos máis coñecidos e recoñecidos contos de Antón Chéjov, o irlandés Brian Friel constrúe esta fermosa e sorprendente peza dramática con saltos no tempo e no espazo que lanzan ao espectador a unha vertixinosa e máxica viaxe case «turística».
Ficha Técnica
- Autora: Brian Friel
- Traducción: Goretti Sanmartín
- Música orixinal: Xavier Constenla
- Espazo escénico: Rodrigo Roel
- Vestiario: Susa Porto
- Maquillaxe e perruquería: Loida
- Deseño mobiliario e «atrezzo»: Rodrigo Roel
- Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
- Fotografía/deseño cartel/grafismo: Tino Viz/Margen Fotografía
- Axudante de Dirección: María Pilar Martinez («Pilocha»)
- Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
- Intérpretes:
Dmitri Dmitrievich Gúrov…….Damián Contreras
Anna Sergéyevna……………..Victoria Pérez
Pianista…………………………. Xavier Constenla - Técnicos de Escena:
Antón Arias
Angel Rico»Bicho»
Aleixandre Lago
O Autor
Brian Friel (County Tyrone, Irlanda do Norte, 1929)
Este autor irlandés, definido polo gran estudioso do teatro Marcos Ordóñez como «o patrón do teatro irlandés contemporáneo», é unha das máis grandes figuras do actual teatro europeo e mundial
Preocupado pola innovación do teatro de texto, explora constantemente a relación entre o fondo e a forma, mais evitando caer nos tópicos do «experimental». Friel ten na obra de Antón Chéjov e no seu tratamento das personaxes un dos seus referentes, como gran coñecedor e admirador que é da obra do mestre ruso..
Autor comprometido cos problemas do seu entorno aborda, entre outras moitas temáticas, asuntos que teñen que ver coa problemática irlandesa defendendo a súa unidade territorial, afondando na análise das diferenzas con respecto á Gran Bretaña ou abordando a situación do idioma Gaélico e o seu perigo de extinción.
Entre as súas pezas máis destacadas figuran catro obras mestras: Philadelphia Here I Come¡ (1965), na que se mergulla no drama da emigración irlandesa; Faith Healer (1980), o artista como embaucador atrapado no seu propio xogo, Traslations (1981), no que trata sobre a extinción do idioma gaélico e a ocupación británica e Dancing at Lughnasa (1990), a máis chejoviana das súas obras. En 2002, e nese «capítulo» chejoviano, sumáronselle «Afterplay» e «O xogo de Yalta» .