Afterplay

Estrea: 9 Outubro 2009. Pazo da Cultura de Narón

de Brian Friel

A necesidade de converter en plantación de eucaliptos o que até agora fora plantación de cereais, e a procura de créditos bancarios para subsistir, levan a Sónia Serebriakowa a Moscú.

Nun humilde café coincide con Andrei Prozorov, violinista cunha dura biografía, producíndose entre ambos unha corrente de «confesións» das que, inevitabelmente, os espectadores somos partícipes.

Os amantes do teatro de Antón Chéjov sorprenderanse ao toparse agora nunha nova peza, e xuntos, a Andrei, de «As tres irmás», e a Sónia, de «Tio Vánia» vinte anos despois.

Os espectadores que non souberan deles antes celebrarán agora o descobremento.

Ficha Técnica

  • Autor: Brian Friel
  • Traducción: Goretti Sanmartín
  • Música orixinal: Xavier Constenla
  • Espazo escénico: Rodrigo Roel
  • Vestiario: Susa Porto
  • Maquillaxe e perruquería: Loida
  • Deseño mobiliario e «atrezzo»: Rodrigo Roel
  • Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
  • Fotografía/deseño cartel/grafismo: Tino Viz/Margen
  • Axudante de Dirección: María Pilar Martinez («Pilocha»)
  • Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
  • Intérpretes:
    Sónia Serebriakowa ……………María Barcala
    Andrei Prozorov …………………Gonzalo M. Uriarte
    Pianista ……………………………Xavier Constenla
  • Técnicos de Escena:
    Antón Arias
    Angel Rico «Bicho»
    Aleixandre Lago

O Autor

Brian Friel
(County Tyrone, Irlanda do Norte, 1929)
Este autor irlandés, definido polo gran estudioso do teatro Marcos Ordóñez como «o patrón do teatro irlandés contemporáneo», é unha das máis grandes figuras do actual teatro europeo e mundial

Preocupado pola innovación do teatro de texto, explora constantemente a relación entre o fondo e a forma, mais evitando caer nos tópicos do «experimental». Friel ten na obra de Antón Chéjov e no seu tratamento das personaxes un dos seus referentes, como gran coñecedor e admirador que é da obra do mestre ruso..

Autor comprometido cos problemas do seu entorno aborda, entre outras moitas temáticas, asuntos que teñen que ver coa problemática irlandesa defendendo a súa unidade territorial, afondando na análise das diferenzas con respecto á Gran Bretaña ou abordando a situación do idioma Gaélico e o seu perigo de extinción.

Entre as súas pezas máis destacadas figuran catro obras mestras: Philadelphia Here I Come¡ (1965), na que se mergulla no drama da emigración irlandesa; Faith Healer (1980), o artista como embaucador atrapado no seu propio xogo, Traslations (1981), no que trata sobre a extinción do idioma gaélico e a ocupación británica e Dancing at Lughnasa (1990), a máis chejoviana das súas obras. En 2002, e nese «capítulo» chejoviano, sumáronselle «Afterplay» e «O xogo de Yalta».

Galería

Teatro do Atlántico