Unha primavera para Aldara

Estrea: 11 de Outubro de 2008. Centro Cívico-Cultural de Arteixo

de Teresa Moure (XIII Premio Rafael Dieste)

As monxas residentes no mosteiro de Santa María están a pasar por un momento difícil no que atinxe á súa subsistencia; os medios económicos non alcanzan e os arrendatarios das súas terras hai tempo que non lles fan pago das rendas

No exterior é tempo de revoltas; e contra dos abusos dos nobres feudais, que fixeron dos tributos e dos dereitos señoriais un agravio permanente en contra dos labregos, con frecuentes violacións de señores e soldados sobre as persoas e as propiedades, estase a producir un crecente movemento de rebeldía: estoupa a REVOLTA IRMANDIÑA.

Un criado chega ao convento, solicitando acollida para o seu señor, cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla e necesitado de refuxio e de coidados para sandar…..

As monxas, logo de intensos debates xa que as regras non permiten presenza masculina no convento, deciden poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro ata que se vexa curado das súas feridas……

Ficha Técnica

  • Autora: Teresa Moure
  • Espazo escénico, vestiario, mobiliario e «atrezzo»: Carlos Alonso
  • Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
  • Fotografía/deseño cartel/grafismo: Margen Fotografía
  • Asesoría musical: María Pilar Martinez («Pilocha»)
  • Axudante de Dirección: María Barcala
  • Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
  • Intérpretes: 
    Aldara, a abadesa…………………María Bouzas
    Xenebra, a prioresa……………….Pilar Pereira
    Carola, a boticaria…………………María Barcala
    Don Nuno, cabaleiro irmandiño…Belén Constenla
    Pero, criado de don Nuno………..Marcos Correa
    Elvira, recadeira do convento…..Josi Lage
    Xoana, monxa lega……………….Lucía Regueiro
    Sabela, novicia…………………….Amparo Malo
    Frade………………………………..Agustin Vega
    Frade……………………………….. Xoán C. Mejuto
  • Técnicos de Escena:
    Técnico de Luces…………………Antón Arias
    Técnico de Son………………….. Angel Rico «Bicho»
[et_pb_4divi_masonry_gallery _builder_version=»4.4.8″ gallery_ids=»1582″ gallery_responsive=»on» hover_enabled=»0″ _i=»1″ _address=»2.1.1.1″ /]

A Autora

Teresa MoureTeresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

É autora, entre outras, das seguintes novelas:

  • A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004, Premio San Clemente 2005
  • Herba Moura (2005), Premio Xerais de Novela 2005, Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano 2005, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, Premio Benito Soto á Mellor Novela do Ano 2005 e Premio da Crítica Española 2005.
  • Benquerida Catástrofe (2007).
  • A casa dos lucarios (2007)

Publicou, ademais, entre outros, os ensaios:

  • Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004
  • A palabra das fillas de Eva (2005) Premio da Crítica 2005 no apartado de Ensaio

En literatura dramática:

  • Unha primavera para Aldara (2007) obra gañadora do XIII Premio de Teatro Rafael Dieste.

Galería

Teatro do Atlántico