Memoria do 36
Estrea: 1 de Decembro de 2005
Edificio de Servicios Múltiples. Culleredo.
Facer espectáculos forma parte do noso oficio, pero hoxe non imos ofrecer espectáculo ningún; trátase só de compartir algo realmente valioso: partículas esenciais da nosa memoria colectiva.
Memoria estimulada desde a palabra dos poetas; quer dicir, palabra cargada de emocións, de imaxes, de rabia, de reflexión….. e de dor. Porque son vía de expresión para vivencias terriblemente crueis, dolorosas e inesquecíbeis: as que produciu na carne e no corazón de millóns de cidadáns a guerra civil provocada polo levantamento militar de 1936, e a terríbel posguerra que nos acompañou ate hai ben pouco.
Compartamos, pois, desde a memoria, parte da nosa historia recente, dando uso a esa inmensa riqueza que, á par da auga, os galegos temos a fortuna de posuír en abundancia: a palabra dos poetas.
Ficha Técnica
- Intérpretes: Pilocha / María Barcala / Xosé Luís Bernal / Xúlio Lago
- Piano: Xavier Constenla
- Cancións interpretadas por: PILOCHA
- Técnicos de Luz e Son: Marcos Vieites, Antón Arias
- Efectos sonoros: Guillermo Vázquez
- Locución: Xerardo Rodríguez
- Dirección e Iluminación: Xúlio Lago
- Producción: Teatro do Atlántico
- POEMAS E POETAS:
Libremente (Fragmento): Celso E.Ferreiro
Comunión: Eduardo Blanco Amor
Viñan tódalas noites: Xesús Rábade Paredes
Neno orfo con cabalos ao fondo: Celso E.Ferreiro
Foi difícil viver: Pilar Pallarés
Na memoria dos asasinados en Pontevedra: Xosé L.Méndez Ferrín
María Soliña: Celso E.Ferreiro
Eu non pido: Emilio Álvarez Blázquez
Crónica do espanto: Xosé María Álvarez Cáccamo
Prólogo a «El hacha»: León Felipe
O mártir: Celso Emilio Ferreiro
A loita continúa. (Escolma): Claudio Rodríguez Fer
Recoged esta voz (Fragmento): Miguel Hernández - CANCIÓNS:
Cantigas republicanas ao xeito popular: Xesús Alonso Montero
Coplas republicanas de la abuela: Popular
Cantiga de amor fendido: Antón Seoane (Letra e música)
A miña amiga: Xosé Quintas Canella (Letra e música)
O alecrín: Popular
Romance de Bernaldino e Sabeliña: Popular
Outras cancións populares infantís - OUTROS TEXTOS UTILIZADOS
Personaxes sinistros: Xosé Luís Bernal
As dúas en punto: Xosé Luís Bernal
Recordar: Eduardo Galéano
Residente Privilexiada (fragmentos): María Casares
Paisaxe sonora da guerra (Fragmento): Daniel Maggiolo