Sólo para Paquita

Estrea: 1 de Decembro de 2000. Auditorio Municipal Ribadeo

de Ernesto Caballero

Paquita, solteirona, funcionaria pública nun Ministerio, fai por despistar a súa soidade tachando números nun bingo, cartón tras cartón, un dia e outro dia.

Ata que na súa vida aparece EL, o da mesa 15, con aquela espectacular boquilla, consumindo rubio americano «extralargo».

Fanse amigos. E amantes. E noivos (pareceulle a ela)

Paquita é tan feliz¡

Non ve chegada a hora de saír do Ministerio e moitas veces inventa escusas para facelo antes de tempo e correr xunto ó seu amor.

Así ata que unha tarde ó acudir á cita diaria atopase con que o pequeno apartamento no que, aínda onte, moraba EL acolle agora un curioso negocio de masaxes.

Así, de súpeto, perdeu de vista a aquel amor/amante da mesa 15.

E volta á soidade. E ós cartóns do bingo. Mais agora, enferma. De amor.

Unha tarde, moitos meses despois, (ou tal vez anos?), o da mesa 15 asoma outra volta, saúda como se adoita saudar ós «colegas» de xogo, canta tres bingos e remata na rúa coas tesoiras de Paquita cravadas no peito.

E Paquita comeza o tratamento do seu mal de amores nun centro especializado. Ata que outro dia.

Ficha Técnica

  •  Autor: Ernesto Caballero
  • Traducción:  Xosé M.Pazos Varela
  • Vestiario: Susa Porto
  • Espazo escénico: Baltasar Patiño
  • Deseño de Iluminación: Baltasar Patiño/Xúlio Lago
  • Fotografía/deseño cartel/grafismo: Tino Viz/Margen
  • Asesoría musical: María Armesto
  • Axudante de Dirección: Susana Dans
  • Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
  • Intérprete: María Barcala
  • Técnicos de Escena:
    Luces………………….Antón Arias
    Son …………………..Xosé M. Molinos

O Autor

Ernesto Caballero de las Heras (Madrid, 1957) é o que se chama «un home de teatro». Logo de cursar estudos de Filosofía e Letras, ingresa na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, graduándose en 1981, institución na que paso a exercer a docencia como Profesor de Interpretación, mantendo ao tempo unha intensa labor como dramaturgo, director de escena e profesor en numerosos cursos e seminarios ó redor de Brecht, Calderón, etcétera.

Temas como a amizade, a corruptibilidade, o medo, ou o desvalimento teñen presencia recurrente nas súas obras, estructuradas en pequeno formato en mo número, como consecuencia, probablemente, da condición de productor que exerceu durante moitos anos desde a Compañía Producciones Marginales.

É un autor prolífico e de amplo rexistro formal e temático, con cate toda a obra estreada ou publicada. «Squash», «María Sarmiento», «Retén», «Rezagados», «Destino desierto», «Mientras miren», «A Cafarnaúm», «La última escena», son algúns dos seus textos.

Foi Director Asociado do Teatro de la Abadía, de Madrid, e na actualidade é Director do Centro Dramático Nacional.

Galería

Teatro do Atlántico