Amor de Don Perlimplín con Belisa no xardín

Estrea: 16 de Xaneiro de 1998. Auditorio Municipal. Narón

de Federico García Lorca

¿Farsa? ¿Traxedia grotesca? ¿Drama poético?
Non é doado escoller un xénero dramático para enmarcar «Amor de don Perlimplín con Belisa no xardín». Mais tampouco é demasiado importante. Nin o mesmo Lorca foi quen de definilo.

E quizais esteamos sobrados de definicións.

E quizais, tamén, como espectadores, partícipes voluntarios nesta liturxia que é o Teatro, precisemos desposuírnos de todo preconcepto, de calquera definición, e impregnarnos de esencia inxenua, de pureza infantil, ese rico material que todos conservamos agochado no máis fondo de nós mesmos.

Abrámonos, daquela, á posibilidade de ser conmovidos; de rir, e mesmo de chorar, disimulada ou francamente, con esta viaxe iniciática de don Perlimplín ao universo amoroso; un universo no que, inevitablemente, conviven a tenrura e a crueldade, a ousadía e o medo, a ilusión e o desengano.

E gocemos, tamén, do inmenso luxo da palabra lorquiana. Amén.

PROGRAMA

1. Escena poética para Federico García Lorca

Recital poético-musical composto polos «SEIS POEMAS GALEGOS», de Garcia Lorca, e unha selección de textos lorquianos sobre Teatro e Sociedade realizada por Xosé Manuel Pazos, quen aportou tamén os seus poemas «Nana de Verán», «Poeta Musical» e «Romance nocturno», textos de homenaxe a Lorca escritos expresamente para este espectáculo.

2. «Amor de don Perlimplín con Belisa no Xardín»

Ficha Técnica

  • Autor: Federico García Lorca
  • Traducción: Xosé Manuel Pazos
  • Vestiario: Carlos Alonso
  • Espazo escénico: Carlos Alonso
  • Música: Nani García
  • Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
  • Fotografía/deseño cartel/grafismo: Tino Viz / Margen
  • Unidade didáctica: Alexandrina Fdez. Otero / José E.Mateo Rodríguez
  • Meritoria de Dirección: Eva González
  • Axudante de Dirección: Casilda García
  • Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
  • Intérpretes:
    Don Perlimplín……….Gonzalo M. Uriarte
    Marcolfa……………….Mercedes Castro
    Belisa……………………Maxo Barjas
    Nai……………………….Casilda García
    Duendes………………..Sónia Rúa / Casilda García

 
ESCENA POÉTICA PARA FEDERICO GARCIA LORCA

  • Intérpretes:
    Mundo S.Villalustre
    Maxo Barjas
    Sónia Rúa
    Casilda García
  • Textos:
    Federico García Lorca
    Xosé Manuel Pazos
  • Música:
    Nani García
  • Dirección:
    Xúlio Lago
  • Técnicos de Escena:
    Luces …………………..Antón Arias
    Son …………………….Xosé M. Molinos

Galería

Teatro do Atlántico