Casa de bonecas
Estrea: 24 de Novembro de 1995. Auditorio Municipal. Narón
As principais razóns para aborda-la posta en escena de «Casa de bonecas» están en relación directa coa contemporaneidade dos conflitos que prantexa, sen deixar de lado a determiñante influencia que esta peza tivo en toda a dramaturxia moderna.
Respectando plenamente o texto orixinal e o tempo histórico no que se desenvolve o drama (finais do XIX), o espectador actual ha ter reflectidos no escenario os conflitos do seu entorno cotián. Na complexidade dos micromundos que envolven a cada unha das criaturas do drama, a historia que cada unha delas arrastra, as súas frustracións, desexos e medos, está a nosa circunstancia diaria de cidadáns de finais do século XX.
O medo ó desemprego, a soidade, o culto ó diñeiro, as influencias do entorno social sobre o noso xeito de amar. A non afondada diferenza entre «matrimonio» e «amor».
E sobre todo, o tratamento da Muller polas leis, polo esposo, por ela mesma.
NOTAS DE HENRIK IBSEN PARA UNHA «TRAXEDIA ACTUAL»
No ano 1878, en Roma, Ibsen elabora este esquema, sobre o que posteriormente escribirá «Casa de bonecas»:
«Existen dous tipos de código moral, dous tipos de conciencia, un no home e outro completamente distinto na muller. No se entenden entre si; pero a muller é xulgada na vida práctica segundo a lei do home, como si non fose unha muller, senón un varón.
No drama, a esposa non sabe a qué aterse en relación co que é xusto ou inxusto; o seu sentimento natural por un lado, e polo outro a confianza na autoridade, déixana en total confusión.
Unha muller, na sociedade actual, non pode ser autenticamente ela mesma; é unha sociedade exclusivamente masculina, con leis escritas polos homes, con fiscais e xuíces que condenan a conduta da muller desde un punto de vista masculino.
Nora cometeu un erro e está orgullosa de telo feito; porque a impulsou o amor polo seu home, o desexo de salvarlle a vida. Pero o home atense á honorabilidade común segundo o código da sociedade e xulga o asunto desde o punto de vista masculino. Conflito moral. Agobiada e confusa, baixo o respecto á autoridade (o esposo), perde a confianza na súa razón moral e o seu dereito para educar ós fillos. Mágoa. Unha nai na sociedade actual pode morrer, como certos insectos, cando cumpriu a súa misión de propagar a especie. Amor á vida, ó fogar, ó marido, ós fillos, á familia. Intermitente axitación feminina de pensamentos. Súbita angustia e espantos periódicos. Todo soportado en soidade. A catástrofe aproxímase inexorablemente.
Ficha Técnica
- Autor: Henrik Ibsen
- Traducción: Manuel Lourenzo
- Figurinos, mobiliario e tratamento do espazo escénico: Suso Montero
- Música: Nani García
- Deseño de Iluminación e espazo escénico: Xúlio Lago
- Fotografía: Xoán Piñon
- Unidade didáctica:
Alexandrina Fdez. Otero
Carme Manso Seijas e
José E. Mateo Rodríguez - Axudante de Dirección: Flor Maceiras
- Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
- Intérpretes:
Nora…………………….María Barcala
Helmer…………………Marcos Vieitez
Cristina…………………Rosa Alvarez
Doutor Rank………….Gonzalo M. Uriarte
Krostag ………………..Antonio Francisco Simón
Ana María………………Flor Maceiras - Técnicos de Escena:
Antón Arias
Xosé M. Molinos