Tolos de amor

Estrea: 02 de Maio de 1995. Auditorio Gustavo Freire. Lugo

de Sam Shepard

Sam Shepard é considerado un mito, e o dramaturgo americano máis importante desde Tennesse Williams.

Ficha Técnica

  • Autor: Sam Shepard
  • Traducción: Candido Pazó e Mabel Rivera
  • Escenografía e Vestiario: Antonio Francisco Simón
  • Música: Nani García
  • Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
  • Fotografía: Vari Caramés
  • Técnicos de Escena: Antón Arias/Xosé M. Molinos
  • Axudante de Dirección: Flor Maceiras
  • Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
  • Intérpretes:
    May………………………………María Barcala
    Eddie…………………………….Marcos Vieitez
    Vello……………………………..Gonzalo M. Uriarte
    Martin …………………………..Antonio Francisco Simón

O Autor

Sam Shepard nace perto de Chicago no ano 1943. A súa vocacion teatral fará que abandone os estudos de arquitectura para se instalar en Nova Iorque, e alí o «Teatro da Xénese» estreara a súa primeira obra. Vive no Greenwich Village e traballa de camareiro nunha boite onde coñecerá a Woody Allen. Ten máis de corenta pezas teatrais, moitas delas estreadas no «Off-Broadway». Catro premios «Obie» e no ano 1978 recebe o Premio Pullitzer marcando un fito na historia deste premio: Será a primeira vez que sexa concedido a unha obra estreada no «Off-Broadway».

Actor de cine en películas como «Os días do ceo», «Francés», «Resurrección», «Escollidos para a Gloria» (nominado ao Oscar como Mellor actor principal), «Country», etcétera. Guionista de películas como «Zabriskie Point», de Antonioni, «Paris-Texas» de Win Wnders (Palma de Oro no Festival de Cannes), etcétera. Amigo e colaborador de músicos como Patti Smith, Who, ou Rolling Stones.

«Tolos de amor» é levada ao cine por Robert Alman con Sam Shepard no papel de EDDIE.

Sam Shepard é considerado un mito, e o dramaturgo americano máis importante desde Tennesse Williams.

Galería

Teatro do Atlántico