Ocasos
1. «Agamenón en Áulide», de Manuel Lourenzo
2. «Clitemnestra ou o crime», de Marguerite Yourcenar
Estrea: 20 de Novembro de 1991. Teatro Principal. Pontevedra.
de Manuel Lourenzo e Marguerite Yourcenar
(…) Do estadio edípico á era civilizada non se pasa sen tensión. Temos agora o conflito entre cidades. Os aquéus invaden Tróia.
Nós vimos daquelas guerras, somos xentes desa época, aquéus ou troianos, pois que as guerras aínda existen e aínda se fan así. Calquer pretexto é bon para ciscar na casa do viciño. Tamén as formas son idénticas. Pagamos-lle ao adiviño polas súas profecías e invocamos o noso deus da guerra para que nos valla a calquer prezo, como fixo Agamenón. Sacrificamos-lle os fillos se é preciso. Aceitamos o xuízo dos Señores do Orde, deses cruentos sacerdotes revestidos de Pátria e Disciplina, para simplesmente deslumbrar. Aceitamos o Caos inevitável como prelúdio do Orde Inevitável. Retocamos o mapa terrestre, rebautizamos os lugares, mudamos os letreiros que o sangue derramado tornara ilexíveis; e ao tempo de voltarmos para a casa, duvidamos do lugar preciso a onde devemos dirixirnos; ou perdemos o camiño, como Ulises, ou simplemente temos medo de que non nos recoñezan ou de non sermos nós quen verdadeiramente regresamos.
Agamenón, Ulises, deveron pensar así. Os militares norteamericanos, ao regreso do Vietnam, acharon que nunca tiveran casa. Os europeus que foron á Guerra do Golfo xa non ousan contar as súas histórias ao amor do lume. O destino dos vellos e dos novos aquéus son as Casas de Repouso, eses modernos ghettos da marxinación, onde a memória, tornada conciencia, non ten moitas oportunidades de negarse ou de desactivar-se. Negún paraiso final, entón. Caos final.
O regreso de Agamenón é contestado co crime de Clitemnestra. Porque x á hai un novo orde en Argos. Porque o home que volta xa non é -pode que nunca o tivese sido- un touro. Porque, en definitiva, non é tan raro que a morte sexa o ponto final do amor. Por máis que Clitemnestra-Yourcenar confese, na coda do seu monólogo, a imposibilidade de acabar con un fantasma., Mais iso, se me permiten, é outra historia. Ou o comezo dunha historia aínda máis sórdida, se cadra, que a primeira. A historia da Sombra de Agamenón que Margarita non é quen de exorcizar, é un argumento que nos leva a Shakespeare, cando menos. Quer dicer, a un discurso rotundamente contemporáneo.
Manuel Lourenzo. 5 Xaneiro de 1992
Ficha Técnica
- 1. AGAMENÓN EN ÁULIDE
- Autor: Manuel Lourenzo
- Agamenón: Xúlio Lago
- Dirección: María Barcala
- 2. CLITEMNESTRA OU O CRIME
- Autora: Marguerite Yourcenar
- Traducción: Manuel Lourenzo
- Clitemnestra: María Barcala
- Dirección: Xúlio Lago
- Deseños de Vestiario: Xesús Pisón
- Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
- Fotografía: Xoán Piñón
- Técnicos de Escena: Miguel López Soto / Pedro Rubín Garrido
- Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
Os Autores
Manuel Lourenzo. Nacido en Ferreira de Valadouro (Lugo) en 1943. Autor, director, e actor, titulado en interpretación polo Instituto del Teatro de Bacelona, mantén un labor ininterrompido na escrita,na docencia escñebnica e na direcci’´on teatyral desde o ano 1969, en que o Teatro Circo estrea a sua peza «As tres irmàs parvas». Os traballos de adaptación e tradución de textos clásicos e contemporáneos ´outra faceta notábel na sua actividade criativa: a tradución de «Woyzeck», de Büchner, para o C.D.G, ou «Quartett» de Heiner Müller ou «Casa de Bonecas» de Ibsen, para Teatro do Atlántico son representati vas da atención con que aborda Lourenzo esta importante parcela da liteeraatura dramática.
Poeta, ensaista, conferenciante, dramáturgo, é parte imprescindíbel da historia do Teatro no noso País, con unha extensa e variada obra dramática con máis de cincuenta títulos, premiados, publicados e estreados de maneira frecuente:
«Romería as covas do Demo» (1969), «Erros e ferros de Pedro Madruga» (1972), «Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca» (1978). «Xoana» (1985), «Nosferatu» (1978), «Adeus Madelón» (1989) son algúns dos títulos da súa abrumadora capacidade criativa.
MARGUERITE YOURCENAR. Nace en Bruxelas no ano 1903 e reside nos Estados Unidos desde 1939 até a súa morte, en 1988. Membro da Academia Real Belga de Lingua e Literatura, e ais da Academia Francesa, deixou unha impresionante e riquísima produción literaria e unha moi escasa produción teatral, composta por seis pezas. Non obstante, e tendo en conta as súas propias palabras, o Teatro, produción menor cuantitativamente no conxunto da súa obra, contiña a esencia do seu pensamento, aínda que expresado «con liberdade de baile de máscaras ou de travestí» Do seu interese pola mitoloxía grega da boa conta o feito de que tres das seis pezas teatrais abordan temas e personaxes surxidos dela, de igual modo que, entre outros, no seu libro «Feux» as personaxes a través das que fala Yorcenar son Fedra, Aquiles, Antígona, ou, por exemplo, Clitemnestra, que é a que provoca en nós a escritura dramática de «Ocasos».