Liberdade Bremana

Estrea: 1989. Auditorio Municipal. Vigo

de Rainer W.Fassbinder

«O pior inimigo é o amor. O amor é o instrumento de represión social máis forte, insidioso e eficaz

Palabras do autor

«Todas as miñas obras xiran arredor do problema das relación entre as persoas. Tanto ten que sexan maricas, normais, lesbianas ou calquera outra cousa. Sempre trato das dificultades que experimentan as persoas nas súas relacións».

«O pior inimigo é o amor. O amor é o instrumento de represión social máis forte, insidioso e eficaz»

«Todos somos cochos. A relación do individuo cos demáis é unha relación entre cochos. Por iso podemos tratarnos como nos pete»

«As relacións entre as ‘persoas son sempre sado-masoquistas, por mor da súa educación. O neno aceita ao pai como figura dominante, de modo que durante toda a súa vida aceitará a presenza de figuras dominantes, ao tempo que intentará destruír esa dominación para poder existir»

«Divírtete sempre que poidas. Senón, reventarás antes de facelo«

Ficha Técnica

  • Autor: Rainer W.Fassbinder
  • Traducción: Manuel Lourenzo
  • Espacio escénico,Vestiario e Atrezzo: Antonio F.Simón
  • Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
  • Música: Maximino Zumalave
    Temas orixinais interpretados por:
    Laura Quintillán (Violino)
    Fernando Arenas (Violoncelo)
    Maximino Zumalave (Piano)
  • Fotografía: Xoán Piñón
  • Axudante de Dirección: Manuel Areoso
  • Dramaturxia, Iluminación e Dirección: Xúlio Lago
  • Intérpretes:
    Geesche………………………………. María Barcala
    Miltenberger………………………… Antonio F. Simón
    Zimmermann……………………….. Gonzalo Martín Uriarte
    Rumpf…………………………………. Roberto Vidal Bolaño
    Gottfried……………………………… Miguel Pernas
    O Pai…………………………………… Vicente Montoto
    A Nai………………………………….. Feli Manzano
    Padre Marcus……………………….. Xavier Gómez Pan
    O Curman…………………………….. Rivadulla “Corcón”
    O Irmán……………………………….. Manuel Areoso
    Luísa……………………………………. Carmen Carpintero
  • Técnicos de Escena:
    Francisco Veiga
    Pedro Rubín Garrido

O Autor

RAINER WERNER FASSBINDER nace en Bad Worishofen o 31 de Maio de 1945.

Atravesa unha infancia infeliz e solitaria, segundo as súas propias confesións, acusando un sentimento de abandono familiar que chega a converterse en obsesión e marca fortemente a súa personalidade. A partir dos sete anos pasa moito do seu tempo nas salas de exhibición cinematográfica, o seu refuxio máis frecuente contra a soidade, o que sería determinante no futuro. Nese tempo comezaría a grande paixón polo cinema.

No ano 1965 intenta o ingreso na Escola Superior de Cine e Televisión de Berlín Oeste, sendo rexeitado nos exames previos. A súa reacción determina o inicio dunha impresionante carreira creativa: como resposta realiza a súa primeira obra cinematográfica, «Os vagabundos», unha curtametraxe en 16 mm. dirixida e interpretada por el mesmo, e inmediatamente, no ano 1966, unha segunda: «O pequeno caos». Nese ano coñece a Hanna Schygulla, mentres asiste a unhas clases de arte dram’´atica, e no seguinte ano comeza a carreira teatral dos dous, integrándose no grupo Action Theater, que é o núcleo do que, tras converterse Fassbinder no seu director e líder incuestionable, se vai fraguando todo un proxecto artístico que cubriría unha etapa de dez anos de forte actividade teatral, até se centrar definitivamente no cine.

A impresionante actividade creadora de Fassbinder produciu, até o momento da súa morte, aos 37 anos. corenta e tres películas e trinta espectáculos teatrais, nos que aportou o seu traballo como autor, adaptador, director e, en numerosos casos, tamén como actor.

Un dos «secretos» para acadar tan alto nivel de produción estaba na sorprendente velocidade de rodaxe das s’´uas películas, en moitos casos baseadas en guións realizados a partir das súa propias montaxes e textos teatrais: «Katzelmacher» (9 días), «O café» (10 días), «As amargas lágrimas de Petra von Kant» (10 días), «Liberdade bremana» (para a televisión, en 9 días), etcétera.

Non podía soportar a inactividade nen a soidade, e o traballo foi, moitas veces, o único camiño posible para estar rodeade de xente, para extroverter os seus ciúmes, a súa impaciencia, e tamén a súa necesidade de exercer dominio e xerar dependencia ás persoas que o rodeaban.,

Morreu en Munich en 1982, no mes de Xuño. En Marzo, rematara de rodar «Querelle», en 22 días.

Galería

Teatro do Atlántico