Quartett

Estrea: 15 de Decembro de 1987. Teatro García Barbón. Vigo

de Heiner Müller

«Cuarteto» é unha peza teatral escrita por Heiner Müller e que se recoñece inspirada en «Les liaisons dangereuses», a celebre novela de Choderlos de Laclos.

Un tal Valmont

O texto retoma os dous principais personaxes da novela, os míticos Valmont e Merteuil, que asiña empezan a asumir, a través de desdobramentos sucesivos, as identidades dos outros dous compoñentes femininos deste quátuor: a sobriña Volanges e a Presidenta Tourvel.

«Para o noso Visconde, a muller, o corpo feminino parece manter coa vida (con iso indefinido ou infinito que, por eu carecer de mellor término atrévome a chamar vida) relacións máis íntimas cás que o conquistador que el é podería vir establecer endexamais por meio da súa virilidade dominante. Para a muller a carne é un camiño que conduce ou pode doadamente conducir ó corazón. Máis alá da dialéctica masculina de desexo, o dominio e o Nada (Nada a través do cal transparece a ameaza dun tempo baleiro e apavorante) atopámonos coa dialéctica feminina segundo a cal o pracer físico, continuándose no amor (no «erotismo dos corazóns») permitiríalle á muller esa amorosa prolongación da súa carne, da discontinuidade isolada que ela é, na continuidade dos seus fillos. Valmont lamenta o el non poder parir. O poder de sernos afectados contraponse ó dominio dos afectos. Pero o dominio sobre a vida só pode exercitalo ñquen, previamente se separou dela. Por iso a súa desapariciòn física supón para Valmont a única maneira posible (por medio dun acto de violencia no que se el mesmo ofrece como vítima) de el poder reencontrarse –máis alá do espazo-tempo; alén da diferenza sexual mesma- coa continuidade perdida do Ser. E, quizais tamén, a desesperada e derradeira forma de encher ese abismo, esa insalvable cachafunda no tempo que o separa de Merteuil».

(Fragmento de «Un tal Valmont». Ensaio escrito por Anxel A.Rey Ballesteros e publicado no libro do espectaculo)

Ficha Técnica

  • Autor: Heiner Müller
  • Traducción : Manuel Lorenzo
  • Música: Manuel Balboa
  • Vestiario: Simón Suárez
  • Espazo escénico e deseño de iluminacion: Xúlio Lago
  • Fotografía: Xan Piñón
  • Promoción: Teresa Gómez
  • Colaboración na dramatúrxia: Anxo A.Rey Ballesteros
  • Axudante de Dirección: Hector Roskin
  • Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
  • Intérpretes:
    Merteuil………………………. María Barcala
    Valmont ………………………. Xúlio Lago
  • Técnicos de Escena:
    Ramón Espada (Luces)
    Valentín García (Son)

O Autor

Considerado como o más importante dramaturgo alemán desde Bertolt Brecht naceu o 9 de Xaneiro de 1929 en Eppendorf (Saxonia)e faleceu en Berlin Este en 1995. Publicou os seus primeiros textos nos anos 50. Escribiu máis de corenta obras teatrais, así como numerosas adaptacións, contos, poemas, ensaios e artigos sobre o teatro e a súa función na sociedade actual.

«Medeaspiel», «Hamletmaschine», «Praia des’poxada», Medeamaterial, «Zemet» ou «A misión» son algunhas das súas pezas máis coñecidas.

Encárgase dos libretos literarios para a posta en escena da opera «As guerras civis que dirixe Robert Wilson. Durante cinco anos traballa como dramaturgo no Berliner Ensemble e posteriormente incorporase coa mesma función á Volksbühne en Berlin Oriental.

ALGUNHAS OPINIÓNS DE HEINER MÚLLER

«Todas as formas tenden á convención, todas as institucións tenden ao conservadurismo: o teatro precisa da resistencia da literatura, que lle obriga, cos seus novos materiais, a revisar os seus medios e técnicas para desenrolar novos medios e técnicas. Non hai teatro novo con obras vellas»

«Eu creo no conflito e máis nada. O que intento facer na miña obra é fortalecer o senso dos conflitos, das confrontacións e mais das contradicións. Non hai outro camiño. As respostas e as solucións non me interesan. Non teño ningunha para ofrecer»

Galería

Teatro do Atlántico