A maravillosa historia de Marly, a vampira de Vila de Cruces

Estrea:. Auditorio de Caixagalicia. Santiago de Compostela
1986

de Carlos Queiroz Tellez
A de Marly Saraiba, heroína do noso espectáculo, é unha pequena historia, intranscendente, con certeza, mais só na medida en que poida selo o mundo das emocións.

Rir, o que se di ¡¡¡rir!!!… non se ri moito.

Tampouco se nos permite chorar, con Marly.
Mais si é posible ese punto equilibrado de sorriso, de dozura amarga, provocada por unha criatura primitiva, case animal, que foxe do control do raciocinio mentres ten lucidez para facelo, deixando que mande o seu instinto vital, o seu auténtico «ser».
Non é doado.
Marly, criatura de ficción, animal literario, remata por ter máis vida que o autor ou a actriz que a inventan, unhas personaxes case incapaces de decidir ao final quen é e como ha comportarse a criatura que pretenden por en pé, Marly impón a súa verdade de personaxe ao Autor e máis á Actriz que lle dan vida e contradí os desexos argumentais daqueles.
Tamén os meus.
Non puiden con ela. Quixen levar o espectáculo por un camiño, e paso a paso, dia a dia, no escenario, Marly impuxo a súa VERDADE. Os actores, eu tamén, tivemos que aceitala como ela quixo ser.
Iso tamén é parte da grandeza e da miseria da nosa profesión. Sempre unha incógnita: que vai acontecer cando as personaxes sexan, definitivamente, a única verdade perante o espectador.
Ficción e realidade mestúranse unha vez máis. Diante de vostedes, as personaxes; única e incuestionábel Verdade. Tras deles, nós coa nosa manipulable e manipuladora razón, que tanto se pode esgrimir nun programa de man como nun libreto de dirección, mais xa, nesta hora máxica en que o pano se levanta, ben pouco ten que dicir.

Pois logo, ¡adiante, Marly!. Cóntanos.

Ficha Técnica

  • Autor: Carlos Queiroz Telles
  • Traducción: Manuel Lourenzo
  • Vestiario e Atrezzo: Antonio Fco.Simón
  • Selección musical: Bernardo Martínez
  • Fotografía: Tino Viz
  • Dramaturxia, Espacio escénico, Iluminación e Dirección: Xúlio Lago
  • Intérprete:
    Actriz/Marly……………………MARIA BARCALA
    Autor/Director…………………GUSTAVO PERNAS / XÚLIO LAGO
  • Técnicos de Escena:
    Ramón Espada
    Francisco Veiga
    Pedro Rubín

O Autor

CARLOS QUEIROZ TELLES (Sao Paulo (Brasil) 1936/1993) ,poeta, dramaturgo, foi un dos fundadores do Grupo Oficina, con gran proxección como dramaturgo nos anos 70 do século XX con importantes adaptacións («A viagem», dramatúrxia sobre «Os Lusíadas», por exemplo) ou escribindo pezas ligadas ao teatro de resistencia e inspiradas por acontecementos do momento.

Nos anos 71/72 foi Presidente da Comisión Estatal do Teatro.

«A maravillosa historia de Marly, a vampira de Vila de Cruces» (A bolsiña máxica de Marly Emboaba» no orixinal), foi premio do Servizo Nacional de Teatro do Brasil no ano 1974.

Carlos Queiroz ten un amplo traballo de traducións estreadas no seu país. Por exemplo: «Medea», de Eurípides, «Un home é un home», de Brecht, «O interrogatorio», de Peter Weis, «Ricardo III» de Shakespeare, «Fran V», de Dürrenmat, etcétera.

Entre as súas obras estreadas e publicadas podemos subliñar «A Ponte» (1958), «O vestibular» (1969) «Frei Caneca» (1972) «Autos Sacramentais» (1974) ou Muro de arrimo» (1975).

Carlos Queiroz acada unha longa lista de premios como poeta e dramaturgo polos seus traballos de creación nos anos 69,72,73,74,75….

Un grande descoñecido entre nós a pesar desa prolífica traxectoria.

Escolma de críticas

«Se María Barcala domina o espectáculo com um trabalho de comediante soberbo (vêla fora do palco era ver outra pessoa), nâo se pode deixar de considerar o trabalho de Xúlio Lago, como dramaturgista e encenador, mas tambén como intèrprete na contracena com a súa companheira.
Resta acrescemtar que este foi um daqueles espectáculos que o público ajudou a fazer. A presença de brasileiros e portugueses para quem o galego –que portugués tâo bonito!—é familiar contribuiu para o permanente clima de euforia em que o espectáculo mergulhou (com os brasileiros surpreendidos a descobrir uma peça nova!). Se há espectáculos felizes, este foi um deles»

(CARLOS PORTO. «Diario de Lisboa» e «Diario do Minho»)

«MARÍA BARCALA dálle vida á prostituta/actriz con excelentes recursos, collendo polo pescozo a atención do público sen deixar que se lle solte en ningún momento, transmitindo a fraxilidade, a dureza, a frivolidade e a tenrura que a personaxe contén.
XÚLIO LAGO aporta a solidez de concepto que teñen todas as súas montaxes con bos achádegos estéticos e unha moi coidada iluminación»

(XOSÉ CERMEÑO. «El Correo Gallego»)

«Esta historia seria moito menos impresionante –no senso máis literal do termo—se non contase coa moi acertada interpretación de María Barcala, actriz nova e apaixonada. «Marly» está moi ben ritmada e o seu texto galego combina sabiamente o tráxico co cómico. Foi merecente dos aplausos que recibiu»

(DAMIÁN VILLALAÍN. «La voz de Galicia»)

«A excelente acollida que Xúlio Lago e María Barcala teñen coa súa «Maravillosa historia….» coincide tamén cun cambio no formato a que nos tiñan afeitos. O exercicio non é doado. A iluminación de «A maravillosa historia…» aprendese s+ó despois de ter viaxado extensamente por todas as escenografías posíbeis. O mesmo se pode dicir do ritmo, os berros e os silencios de Marly, que cun formato mínimo consegue o máis dificil en teatro. contar unha maravillosa historia»

(GUSTAVO LUCA DE TENA. «El Público»)

Galería

Teatro do Atlántico