Historia de Neera

Estrea: 6 de Outubro de 1990. Auditorio do Instituto Xelmirez, Santiago,
dentro da Programación da Feira do Teatro Galego.

de Roberto Salgueiro

«A produción dun novo espectáculo é sempre para Teatro do Atlántico unha enorme enerxía en movemento […]«.

«A produción dun novo espectáculo é sempre para Teatro do Atlántico unha enorme enerxía en movemento; unha enerxía que provoca, sacude, fatiga, estimula, cuestiona, atemoriza, ilusiona…., en definitiva, move as augas do noso mar interior, ese Atlántico re-convertido no sangue das nosas veas de cómicos. Nesta ocasión quixemos dirixir parte desa maré que sulaga cada nova produción a provocar un encontro entre autores galegos, para estimular un debate sobre a súa circunstancia. un debate que hoxe se perfila tan necesario en todos os sectores da creación teatral.

Ofrecemos neste libro-programa a esencia do falado, pretendendo difundi-lo pensamento e a voz dos nosos dramaturgos nun momento en que os mundo e as teimas do autor teatral teñen tan poucos vieiros de comunicación».

(Introdución á mesa redonda moderada e transcrita por Luís Álvarez Pousa con Manuel Lorenzo, Roberto Vidal Bolaño, Euloxio Ruibal, Miguel Anxo Fernán Vello e Roberto Salgueiro, e publicada no libro-programa do espectáculo)

Ficha Técnica

  • Autor: Roberto Salgueiro
  • Espacio escénico, Vestiario e Atrezzo: Antonio F.Simón
  • Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
  • Música:  Michel Canadá
  • Fotografía: Xoán Piñón
  • Axudante de Dirección: Pedro Rubín Garrido
  • Colaboración na dramatúrxia: María Barcala
  • Dramaturxia, Iluminación e Dirección: Xúlio Lago
  • Intérpretes:
    Cornelio…………………………….Antonio Francisco Simón
    Sirto………………………………….Manuel Areoso
    Servio……………………………….Gonzalo M.Uriarte
    Tigelino…………………………….Paco Campos
    Licinio………………………………Tuto Vázquez
    Climene…………………………….Teresa Horro
    Cintio……………………………….. Evaristo Calvo
    Neera………………………………… María Barcala
  • Técnicos de Escena:
    Francisco Veiga
    Pedro Rubín Garrido

O Autor

O AUTOR. Roberto Salgueiro González (Caracas, 24/10/1966)

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela
DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada

  • Premio Álvaro Cunqueiro 1988, con O arce do xardín
  • Finalista do Premio Álvaro Cunqueiro 1989, con Historia de Neera
  • Premio Álvaro Cunqueiro 2000, con Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
  • Finalista do Premio Rafael Dieste 2001, con Matanza
  • Premio Álvaro Cunqueiro 2002, con Molière final
  • Premio de Dramaturxia Carlos Couceiro 2002, con Apnea
  • Premio de Teatro Abrente 2006, con Memoria de Helena e María
  • Premio Álvaro Cunqueiro 2008, con Historia de chuvia que cae todos os días

Director da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 1990, ten publicado diversos ensaios e traducións sobre a práctica teatral e dirixido para diversas compañías de teatro e institucións públicas.

Os seus traballos como director de escena e autor presentáronse en numerosas localidades de Galicia e España así como en Bélxica, Francia, Paises Baixos, Noruega, Alemaña, Portugal, Marrocos, Porto Rico, Estados Unidos…

Galería

Teatro do Atlántico