Artigos

Co recurso da voz, do corpo e mais da música, preténdese dar eco á palabra poética na lingua na que foi creada, e abrir un espazo para a comunicación de emoción, reflexión e beleza.

Desde o eido da poesía aparecen e ocupan o seu lugar o amor, a relación coa terra e a paisaxe, co campo e coa cidade; a loita social, a violencia de xénero, a dura travesía dos expatriados; a guerra; o espazo dos soños….; cuestións que esixen ser abordadas desde o horizonte de Galicia e da lingua galega. Nesta intensa e emotiva viaxe acompáñanos a palabra de vinte e dous poetas:

O.Kayyám/Plácido Castro:Rubaiyat (escolma)
Uxío Novoneyra:Os eidos (Escolma)
Marta Dacosta: A auga foi muller / Exhibo o meu corpo/ 21 anos
Eduard Velasco: Eu quería escribir sobre o lugar
Fiz Vergara Vilariño: Tivera eu, amor
Sophia De Mello: Polas túas mans /É o teu rostro /Inma López Silva:Unha burbulla de amor cósmico
Manolo Rivas: A negra terra /Televisión/Fonema
Eduardo Blanco Amor: Romance de outono
Xúlio L.Valcárcel: Olores/Naemor Kabull
Antía Otero: Antes /As casas deixan cicatrices/ Sabes cando nas mudanzas
Salvador García Bodaño: Nacín no piso vinte
Pilar Pallarés: Á tarde, cun can e un libro
Luísa Villalta: E estoupa o día
Xosé Mª Álvarez Cáccamo: O Banco Mundial
Olalla Cociña: Formula o seu desexo
Enma Pedreira: Cinsenta / O traxe novo do emperador
Miguel A. Fernán Vello: Os repatriados
Xosé L. Méndez Ferrín: Estirpe /Quero vivir
Avilés de Taramancos: Se solto a voz no mar
Álvaro Cunqueiro: Deloutro lado das montañas
Eva Veiga: Meu avó dixo.

Espectáculo poético-musical adaptable para ser representado en diferentes espazos públicos: escenario, biblioteca ou aula (O noso agradecemento a Antonio Francisco Simón, Tino Viz e Loli Viñas pola súa colaboración)

Descargar díptico

Attachments:
Download this file (abrentes.pdf)Díptico informativo[ ]3702 kB